Tuesday 07 de May de 2024

Nenos do Obradoiro Xoga con Nós instalan un cartel de 14 metros de longo sobre Artemar na carpa gastronómica da feira


A carpa de Gustando do Mar situada nas inmediacións da praza de España conta dende hai uns intres cunha pancarta de 14 metros de lonxitude elaborado polos alumnos dos obradoiros de conciliación Xoga con Nós do Verán Cultural de Riveira.

Os propios rapaces achegáronse ata a instalación para colaborar xunto cos seus monitores na colocación do gran cartel, que como non podería ser doutra forma conta coa lenda “Artemar Riveira”.

Esta carpa de 450 metros cadrados de superficie eríxese non só como un epicentro gastronómico da feira mariñeira, co coñecido pulpeiro Veloso ao mando dos fogóns, senón tamén conta con diversos stands nos que expoñen as súas creacións os artistas Antonio Pérez, Luis Polo e Teresa Argibay e difunden a súa actividade as asociacións Tahume de Olveira e Os Abelleiros do Barbanza.